28
Cada un de nós somos un partido e para iso nen sempre coherente e cohesionado. Polo tanto, o que mantén unido a un determindado colectivo humano é a fortaleza dalgún obxectivo común compartido. Nesta XIII asemblea nin os polos conformados son internamente homoxéneos nin tampouco simetricamente diferentes do polo que queda enfronte, habendo unha ampla gama de combinacións e cruces nos dous eixes que definen o BNG: nacionalismo e esquerda. Conviven desde independentistas até autonomistas, e no eixo esquerda-dereita tamén hai variedade.
Visto desde fóra o BNG é máis homoxéneo e coherente do que moitos desde dentro parecen percibir.
Totalmente dacordo, as listas de candidatos a calquera cousa dentro e fóra do BNG, deberían ser directamente os máis votados e nesa orde, independentemente do grupo interno ao que pertenzan(preferindo que haxa un mínimo do 50% para mulleres). Que se presente xente disposta ao acordo e ao traballo conxunto. A min coma votante chócame que lle custe tanto isto e non en gobernar co PSOE(que salvo excepcións non estou en contra)