30
Participa nas asembleas que se convoquen no teu centro de traballo e únete á marea de protesta organizada. Entre todas e todas ímolo a parar. A resposta da CIG-Autonómica é clara: MOBILIZACIÓN! O venres, 3 de febreiro, a nova conselleira de Facenda mantivo unha xuntanza con todas as organizacións sindicais representativas do ámbito dos Servizos Públicos da Xunta de Galiza, para expor as tan cacareadas medidas de axuste para o noso colectivo que xa espallou pola prensa amiga o noso compañeiro en excedencia Núñez Feijóo.
<mode neochuza/off>