28
Ainhoa Delgado quere ser xornalista deportiva e apostou pola estancia Erasmus en Portugal pola importancia que no deporte terá nas Olimpíadas e no Mundial de Fútbol en Río de Janeiro. "Sen saber nada de portugués logrei nun ano ter un nivel bo de conversación. Noutras Universidades o nivel é máis alto e sérveche moito a nivel profesional", subliñou esta estudante da Universidade Miguel Hernández de Elx.