30
O eurodeputado dos Verdes/Alianza Libre Europea, Raül Romeva, quen tamén é vicepresidente do Integrupo para a Conservación e Benestar dos Animais, critica nunha iniciativa parlamentar o afán lucrativo do proxecto para construir un centro de experimentación animal en Lugo, sinalando que a UE cada vez adopta máis regulación a prol dun menor uso de seres vivos en investigacións, que existen métodos alternativos válidos e seguros, e que o proxecto nin tan sequera ten claro a que se van adicar as instalacións.