30
O sábado día 11 a partires das 19.30 BDS-Galiza realizará unha concentración festiva no Auditorio de Galiza en protesta pola presenza do artista sionista Idan Raichel. Este home é un orgulloso propagandista do sionismo, e defensor da operación Chumbo Derretido. Forma parte da campaña de limpeza de imaxe israelí a través do mundo da "cultura".