29
O colectivo cultural defende a iniciativa para dar a coñecer a riqueza arqueolóxica desta zona a través de internet. Ademais, cre que unha maior información sobre este parque megalítico podería evitar danos como os causados recentemente polo uso de maquinaria pesada durante unhas tarefas forestais, que arrasaron por completo unha das mámoas da zona.